BUSCAR
Obradoiros DIVULGAMENTE - PRAZO DE INSCRICIÓN (ampliado ata o 5 de OUTUBRO)
Venres 21 de Setembro de 2018
Venres 05 de Outubro de 2018
Aforo limitado
Require inscrición Enlace aquí
Proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia, que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
A quen se dirixe
Ao estudantado de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria de centros educativos galegos das localidades da Coruña, Lugo e Ourense.
Actividades incluídas en cada obradoiro
1ª Charla divulgativa “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo doutor Carlos Spuch
- A Coruña, 11 de outubro de 2018, sede da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9) a partir das 10.00 h.
- Lugo, 15 de outubro de 2018, Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, nº 70) a partir das 10.00 h.
- Ourense, 16 de outubro de 2018, Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (Rúa do Progreso, nº30) a partir das 10.00 h.
As datas de realización da actividade acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia
3ª Visita a un centro de Alzheimer
As datas de realización da actividade e o centro que se vai visitar acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia.
Datas de solicitude. Dende o 21 de setembro ata o 5 de outubro de 2018.
A selección dos centros educativos participantes nos obradoiros realizarase por orde de inscrición ata completar aforos.
Para INSCRICIÓN pulsa aquí.
ETIQUETADO EN: RED PARAGUAS ALZHEIMER , ACTIVIDADES ESCOLARES , TALLERES SOBRE ALZHÉIMER A CORUÑA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-