BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Obradoiros DIVULGAMENTE - PRAZO DE INSCRICIÓN (ampliado ata o 5 de OUTUBRO)

Venres 21 de Setembro de 2018
Venres 05 de Outubro de 2018

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

Proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia, que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
 
A quen se dirixe
Ao estudantado de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria de centros educativos galegos das localidades da Coruña, Lugo e Ourense.
 
Actividades incluídas en cada obradoiro 
 
1ª Charla divulgativa “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo doutor Carlos Spuch 

  • A Coruña, 11 de outubro de 2018, sede da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9) a partir das 10.00 h.
  • Lugo, 15 de outubro de 2018, Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, nº 70) a partir das 10.00 h.
  • Ourense, 16 de outubro de 2018, Centro Cultural “Marcos Valcárcel”  (Rúa do Progreso, nº30) a partir das 10.00 h.
2ª Sensibilización na aula
 
As datas de realización da actividade acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia
 
3ª Visita a un centro de Alzheimer 
 
As datas de realización da actividade e o centro que se vai visitar acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia.
 
Datas de solicitude.  Dende o 21 de setembro ata o 5 de outubro de 2018.

A selección dos centros educativos participantes nos obradoiros realizarase por orde de inscrición ata completar aforos.

Para INSCRICIÓN pulsa aquí.






PRÓXIMOS EVENTOS