BUSCAR
Conferencia: "Seres e mundos fantásticos no Exipto antigo"
Exipto – Antiga Tebas (Listaxe do patrimonio mundial da UNESCO, 1979). Val das Raíñas. Tumba de Amonherkhopeshef. Pintado en relevo do faraón Ramses III perante Duamutef, cabeza de chacal. Tebas.
2018. DeAgostini Imaginan Library/Scala, Florencia
Xoves 15 de Novembro de 2018
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
José Ramón Pérez-Accino
Título: Seres e mundos fantásticos no Exipto antigo
O Exipto antigo é unha fonte case inesgotable de imaxes peculiares que a nosa cultura non é quen de etiquetar de xeito doado no dominio da realidade que nos rodea e a que estamos adoitos. As representacións de seres humanos con cabezas de animais, ou de seres híbridos compostos de varios animais, ou ben a descrición de mundos etéreos ou subterráneos poboados de criaturas estrañas e de aspecto e comportamentos difíciles de concibir, forman parte inseparable da experiencia dunha cultura que con frecuencia escapa á nosa comprensión. No entanto, estas representacións fantásticas con frecuencia se explican como metáforas ancoradas na mesma realidade, como modos alternativos da análise e exposición de aspectos que non son completamente evidentes aos sentidos. Os seres e mundos fantásticos dos antigos exipcios, pois, habitaban a realidade de modo harmónico e complementario, e nesa aparente harmonía probablemente radica a razón da súa ben longa persistencia no tempo.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DEL PRADO , JOSÉ RAMÓN PÉREZ-ACCINO , MUNDOS FANTÁSTICOS , ANTIGO EXIPTO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-