Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "Goya: a fuxida do fantasmagórico"
BUSCAR
Conferencia: "Goya: a fuxida do fantasmagórico"

Francisco de Goya y Lucientes. Maneira de voar
Museo Nacional del Prado
Xoves 22 de Novembro de 2018
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Manuela Mena
Xefa de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya, Museo do Prado
Título: Goya: a fuxida do fantasmagórico
Ciclo de conferencias: A arte fantástica 2018-2019 organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.Título: Goya: a fuxida do fantasmagórico
Goya converteuse ao longo dos anos e desde a segunda metade do século XIX, cando comezou a súa difusión internacional, nun comodín que serviu para valorar desde movementos artísticos e artistas contemporáneos, ata movementos políticos, moitas veces contrapostos. Non escapa á definición de Goya a estimación da súa pintura como impresionista e ao mesmo tempo expresionista, como realista e “goyesca” -esta no peor que implica o termo de costumbrista barato, nacionalista e tradicional- ou “negra”, por crer como súa a brutalidade e violencia das súas escenas, ou o protagonismo das meigas, que o situou no mundo do fantástico e incluso do fantasmagórico. Unha análise desapaixonada e rigorosamente histórico-artística da súa arte, en todas as súas manifestacións, non leva a situalo en ningunha das etiquetas impostas. Nunha carta ao seu amigo Zapater, de 1789, Goya revela o seu racionalismo e a súa adecuación ao espírito do seu tempo: “Non temo meigas, trasnos, pantasmas, afoutos xigantes, algareiros, xente ruín etcétera, nin ningunha clase de corpos temo senón os humanos…”. O seu uso do fantasmal, o fantasmagórico e o irracional estivo sempre encamiñado a satirizar a ignorancia e a violencia dos seus semellantes e a profundar no “soño da Razón”.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DEL PRADO , MANUELA MENA , PINTURA DO SÉCULO XVIII , GOYA
PRÓXIMOS EVENTOS
CURSO ONLINE - CICLO FORMATIVO 2021
-  
-  
-  
-
Xoves 11 de Febreiro de 2021
Venres 14 de Maio de 2021
-  
-  
-  
-
Online
-  
-  
-  
-
-  
-  
-  
-
-  
-  
-