BUSCAR
Conferencia: "O fantástico na cultura grecorromana"
Jacobo Ligozzi. Unha quimeira
Museo Nacional del Prado
Xoves 08 de Novembro de 2018
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Luis Alberto de Cuenca
Título: O fantástico na cultura grecorromana
Para calibrarmos a achega da cultura grecorromana ao universo do fantástico, resulta imperativo en primeiro lugar decidir que é o fantastique, termo acuñado por Todorov para designar un tipo de literatura que naceu cando se perderon os referentes mítico-relixiosos na sociedade occidental, ou sexa, no século XVIII. Non se pode falar, pois, estritamente de literatura fantástica ata despois da revolución industrial. Logo de referirse a esas letras fantásticas stricto sensu, citando os seus autores e obras máis notables, o conferenciante abordará algúns textos moi concretos que poderían servir de antecedentes á literatura fantástica propiamente dita no mundo clásico. Desde Homero ata Flegón de Trales, os antigos tamén se interesaron nese lugar intermedio entre o posible e o imposible representado polo fantástico, un lugar por onde transitaron con certa frecuencia os autores grecolatinos, malia que a súa cultura supuxo un adianto de moitos séculos á hora de optar polo logos no canto do mythos, como ocorrería máis tarde na Europa enciclopedista do Século das Luces. Así a todo, a lección que recibimos de calquera prospección que poidamos levar a cabo sobre o fantastique é que o mito vive agochado nas sociedades máis racionalistas e que é difícil, se non imposible, erradicar o misterio da órbita humana.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DEL PRADO , LUIS ALBERTO DE CUENCA , FANTÁSTICO , CULTURA GRECORROMANA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-