BUSCAR
Conferencia: "O Greco, paradigma do xenio"
O GRECO. Pentecostés, detalle
Museo Nacional del Prado
Xoves 23 de Novembro de 2017
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Leticia Ruiz
Xefa de Departamento de Pintura Española do Renacemento e Primeiro Naturalismo, Museo do Prado
Título: O Greco, paradigma do xenio
Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.
Hai máis dun século e medio que a figura do Greco se alzou no universo imaxinario dos artistas do romanticismo francés como o perfecto paradigma do creador incomprendido e marxinal, un xenio independente que non se someteu ás esixencias que ditaban as convencións da época na que lle tocou vivir. A biografía do Greco, ou mellor, as lendas que daquela se tiñan sobre a súa vida, adaptábase ao ideal do mito romántico, ao artista único cuxa pintura se percibía como unha sucesión de deformacións apaixonadas e disonancias cromáticas e, sobre todo, como unha alteración premeditada dos valores clásicos da arte. Entre 1880 e 1920 a súa figura alzouse como referencia válida para a maioría das vangardas artísticas que encontraron no artista convincentes motivos para telo como paradigma da liberdade e da subxectividade, un visionario capaz de adiantarse en tres séculos ao devir da arte occidental.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DO PRADO , XENIOS , O GRECO , LETICIA RUIZ
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-