BUSCAR
Conferencia: "Jacopo da Pontormo. Manierismo e melancolía"
PONTORMO CARUCCI, JACOPO called 1494-1556. Venus and Cupid. Florence, Accademia
2017. Photo Scala, Florence - courtesy of the Ministero Beni e Att. Culturali e del Turismo
Xoves 01 de Marzo de 2018
20:00
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Ata completar aforo
Aberto ao público
Francisco Jarauta
Filósofo
Título: Jacopo da Pontormo. Manierismo e melancolía
Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.
Pontormo ou a lenda de Pontormo, difícil circunscribir o argumento e probablemente facelo non axude a nada, escribía Mario Luzi na súa Felicità turbate. Mito ou lenda e en todo caso fantasiosa elaboración dunha secular rêverie, así pode considerarse tanto do punto de vista filolóxico como crítico a historia dunha das figuras máis estrañas do renacemento florentino. Vasari nas Vite o representaba como “malinconico e solitario”, anotando que “andava sempre nuove cose ghiribizzando” nunha especie de extravagancia que os seus coetáneos se encargaron de alimentar, Bronzino, “caro discípulo”, o primeiro de entre eles. A súa pintura era vista como un sforzare la natura, como unha maniera, unha construción mental, unha proxección da percepción subxectiva sobre os obxectos, as figuras do mundo. Poderíase falar, no seu caso, dunha pintura filosófica e visionaria, de aí a dirección e fortuna dunha recepción sempre difícil, oscilante entre o entusiasmo e o esquecemento.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DO PRADO , XENIOS , JACOPO DA PONTORMO , MANIERISMO , FRANCISCO JARAUTA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-