BUSCAR
Conferencia: "Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni"
LEONI, LEONE. O emperador Carlos V, detalle
Museo Nacional del Prado
Xoves 08 de Febreiro de 2018
20:00
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Ata completar aforo
Aberto ao público
Fernando Checa
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense
Título: Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni
Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.
Desde os inicios do Renacemento, a escultura de bronce ou de mármore recorreu á inspiración na antigüidade clásica como o medio favorito de expresar, a través da tridimensionalidade, unha determinada imaxe do poder. É desde este punto de vista desde o que debemos comprender a obra dos escultores Leone e mais o seu fillo Pompeo Leoni, cuxas esculturas para o emperador Carlos V, así como as fundidas para Filipe II en relación co Escorial, supoñen unha das grandes achegas do Renacemento á definición plástica do poder político a través da sofisticación técnica e formal que permitía a arte da época, á vez clásica e manierista. Obras como Carlos V e o Furor (Museo do Prado) ou as esculturas tubulares da basílica do Escorial encóntranse entre as achegas máis xeniais do Renacemento no eido da escultura de bronce.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DO PRADO , XENIOS , LEONI , RENACEMENTO , MANIERISMO , FERNANDO CHECA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-