BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Benvenuto Cellini, libero de lingua a la par che di mano"

CELLINI, BENVENUTO 1500-1571. Perseus - detail. Florence, Loggia dei Lanzi

2017. Photo Scala, Florence - courtesy of the Ministero Beni e Att. Culturali e del Turismo

Xoves 16 de Novembro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Cristóbal Belda
Catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade de Murcia
Título: Benvenuto Cellini, libero de lingua a la par che di mano

Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Grandes atractivos ofrece á historia da arte Benvenuto Cellini (1500-1571), escultor e tratadista. Obxecto de múltiples olladas, a obra de Cellini non so foi loada polas súas calidades técnicas senón porque era consecuencia das innovacións introducidas no traballo dos metais preciosos descritas no seu tratado de ourivaría, escultura, debuxo e arquitectura.
Autor do Perseo da Galería dei Lanzi de Florencia, do saleiro de Francisco I en Viena ou o crucificado do Escorial, non pode desligarse o coñecemento da súa escultura da paixón con que vivía.
Autor da súa autobiografía, soberbio e extravagante, “lixeiro de lingua e de man”, foi artista pouco convencional tanto como amosou nas súas respostas a Varchi ou como o entenderon Stendhal, Berlioz ou Dalí, capaces de comprender o xenio indómito que reflectían a súa vida e mais as súas obras.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  MUSEO DO PRADO  ,  XENIOS  ,  CELLINI  ,  CRISTÓBAL BELDA

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •