BUSCAR
Conferencia "Xénese veneciana: de Adán a Noé" a cargo de Miguel Falomir
Xoves 18 de Febreiro de 2016
20:00
Paraninfo da Facultade
de Xeografía e Historia
Santiago de Compostela
Aforo limitado
Aberto ao público
Miguel Falomir
Director adxunto de Conservación e Investigación, Museo do Prado.
Título: Xénese veneciana: de Adán a Noé.
Resumo: Debemos á pintura veneciana do Renacemento algunhas das imaxes máis atraentes e singulares da Xénese. As razóns diso son varias: o peculiar emprazamento xeográfico de Venecia, que a fixo especialmente sensible a episodios como o do Diluvio Universal; o gusto dos seus pintores pola natureza, o que se traduciu nunha imaxinativa posta en escena das historias bíblicas, ou a sensualidade da súa pintura, que outorgou unha dimensión distinta a pasaxes como Adán e Eva. A miña contribución ao curso procurará analizar estas e outras circunstancias a través dunha serie de obras e artífices magnificamente representados nas coleccións do Museo do Prado.
PRÓXIMOS EVENTOS
BECAS DE POSGRADO
-  
-  
-  
-
Luns 15 de Decembro de 2025
Venres 27 de Febreiro de 2026
-  
-  
-  
-
Visitas a Pictoeduca, portal para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.
-  
-  
-  
-
-  
-  
-  
-
-  
-  
-  

Pechar