BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Concerto de Carlos Núñez no 50 aniversario da Fundación Barrié

Mércores 23 de Novembro de 2016
22:15

Catedral de Santiago de Compostela

Ata completar aforo

Previa recollida da invitación

O próximo 23 de novembro, a Fundación Barrié organiza un concerto na Catedral de Santiago, co gallo do seu 50 aniversario.

 
O concerto será a cargo de Carlos Núñez acompañado de 75 músicos e rende homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria xuntando por primeira vez todos os seus instrumentos. Catro xeracións de músicos galegos e internacionais, tanto da música antiga como tradicional, darán forma a este ambicioso proxecto baixo a dirección do que é considerado como un dos nosos músicos máis universais e un dos mellores gaiteiros do mundo.
 
A Fundación Barrié ofrecerá dúas sesións do mesmo concerto. A primeira sesión enmárcase no programa da VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións e a I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía que a Fundación Barrié organiza na súa sede coruñesa os días 23 e 24 de novembro.
 
A segunda sesión do concerto, que terá lugar ás 22.15h, estará aberta ao público xeral con entrada gratuíta logo da retirada de invitacións.
 
Con este concerto, no que se utilizarán réplicas en madeira dos instrumentos do Pórtico da Gloria, a Fundación Barrié non só quere celebrar o seu medio século de existencia senón tamén pór en valor proxectos de recuperación de patrimonio desenvolvidos en Galicia e,  de xeito particular, na Catedral de Santiago desde as súas orixes, como a reconstrución en madeira dos instrumentos do Pórtico da Gloria; a reconstrución do coro pétreo; a catalogación e dixitalización dos protocolos notariais dos arquivos catedralicios; a restauración do órgano da Catedral, ou a restauración do Pórtico da Gloria, actualmente en curso.
 
As invitacións gratuítas para a segunda sesión (22.15h) poderán retirarse:
 
A Coruña: domingo, 20 e martes, 22 de novembro
Fundación Barrié, A Coruña (Cantón Grande, 9)
12h – 14h e 18h – 21h
 
Vigo: domingo, 20 e martes, 22 de novembro
Fundación Barrié, Vigo (Calle de Policarpo Sanz, 31)
12h – 14h e 18h – 21h

Santiago de Compostela: Domingo, 20; luns, 21 e martes, 22 de novembro
Pazo de Xelmírez (entrada Praza do Obradoiro)
10h – 20h
 
Entregaranse un máximo de dúas entradas por persoa ata completar a capacidade do recinto.





PRÓXIMOS EVENTOS