BUSCAR
Curso en liña “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”
Luns 08 de Xuño de 2020
Venres 12 de Xuño de 2020
Online
Aforo limitado
Require inscrición Enlace aquí
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié organiza o curso “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación” do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.
Esta certificación emitida por ATTP (Alliance of Technology Transfer Professionals) é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.
O curso “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”, celebrarase dende o día 8 ata o día 12 de xuño de 2020, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo coronavirus Covid-19.
O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia de Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.
Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 1 de xuño ás 20:00 h.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.
ETIQUETADO EN: CIENCIA , IGNICIA , XESTORES DE TRANSFERENCIA
PRÓXIMOS EVENTOS
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-