BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Actividades arredor do Proxecto Allies (Programa Erasmus)

Venres 28 de Outubro de 2016
Luns 31 de Outubro de 2016

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Do 24 ao 31 de outubro, dez xoves exipcios e dez coruñeses comparten un variado programa de actividades interculturais, que promoven o ocio saudable e fomentan o diálogo entre culturas: a árabe e a occidental. Ditas actividades forman parte do Proxecto Allies que se enmarca no Programa Erasmus + (KA1), desenvolvido polas ONG Ecos do Sur e Etijah.


Programa de actividades na sede da Fundación Barrié da Coruña

 
28 de outubro

BLOQUE 1: OCIO E XUVENTUDE III
 
10.00 hs.   Mesa redonda: Xunta-Concello da Coruña (iniciativa municipal para fomentar a participación xuvenil)- Consultora: DELOGA
Concello A Coruña-Xunta de Galicia-Consultora DELOGA
 
16.00 hs.    "Workshop: elaborar en común un plan de ocio accesible para executar no Cairo", por Ecos do Sur. 
Lugar: Fundación Barrié, sede A Coruña 

 
29 de outubro

BLOQUE 2: EMPREGO E XUVENTUDE
 
10.00 hs.    "Workshop Continuación II: elaborar en común un plan de ocio accesible para executar no Cairo", polo Director da empresa: Ad-Ecos Emprendemento Social SLU

11.00 hs.    "Presentación: Modelos de Experiencias emprendedoras: (emprego, medio ambiente e ocio) por Ex.: buscas do tesouro (promoción turística), Granxa de Lodoselo, parques de Paintball, xogo Escape, Produción ecolóxica de iogures etc.", polo Director da empresa: Ad-Ecos Emprendemento Social SLU
 
18.30 hs.    "Workshop: habilidades emprendedoras Workshop: desenvolvemento de competencias para a inserción laboral", por Ecos do Sur: Psicólogo 

Lugar: Fundación Barrié, sede A Coruña


30 de outubro

BLOQUE 3: REDES SOCIAIS E XUVENTUDE
 
11.00 hs.    "Workshop: uso proactivo e responsable de redes sociais (Facebook e twitter), deseñar impresións dixitais- crear un grupo de Facebook para o proxecto (onde se poden colgar iniciativas dixitais accesibles), polo Director da empresa: Ad-Ecos Emprendemento Social SLU

12.00 hs.    "Crear normas de comunidade dixital/redes sociais favorecen ou prexudican (ciberbulling), polo Director da empresa: Ad-Ecos Emprendemento Social SLU

16.00 hs.    "Experiencias: exemplos que traballan a sensibilización, información, educación, racismo etc.: Grupo Avengers, Proxecto Ciber Respect(Ecos)- Videos Click, Vídeoxogo iMgration", por Ecos do Sur
e Grupo QUEER AVENGERS

Lugar: Fundación Barrié, sede A Coruña

BLOQUE 4: INTERCULTURALIDADE E XUVENTUDE Introdución para traballar a proposta do vídeo intercultural sobre convivencia intercultural (gravarase en Exipto)

18.00 hs.    "Introducir o bloque de Interculturalidade (para a elaboración do vídeo intercultural que se vai planificar e rodar en Exipto), Dinámica de estereotipos e prexuízos", por Ecos do Sur, Área de Mediación Intercultural

Lugar: Fundación Barrié, sede A Coruña


31 de outubro

10.00 hs.     "Traballar a proposta en común para a elaboración do vídeo árabe-occidental: convivencia e interculturalidade. Debate e análise grupal sobre diferenzas e semellanzas entre as dúas culturas", por Ecos do Sur- Área de Mediación Intercultural
 
13.00 hs.    "Proposta inicial para o vídeo e conclusións do proxecto", por un grupo de xoves.
 
Lugar: Fundación Barrié, sede A Coruña
 





PRÓXIMOS EVENTOS