BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Charla: "O dano cerebral"

Luns 28 de Novembro de 2016
19:30

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié na súa sede da Coruña acolle esta charla impartida polo Servizo de Neuroloxía do CHUAC e ADACECO o próximo día 28 de novembro ás 19:30 horas na que Carmen Lema Devesa e Chelo Rama Collazo, médico adxunto e enfermeira, respectivamente, do servizo de neuroloxía do CHUAC, acompañadas por Inés Cortés e Marta Barbeito, terapeuta ocupacional e traballadora social, respectivamente, de ADACECO, exporán a situación desta patoloxía que na actualidade afecta cada vez a máis persoas.
 
ADACECO, asociación cuxa área de actuación é A Coruña e a súa bisbarra, nace no ano 2000 co compromiso de traballar por e para as persoas afectadas de dano cerebral adquirido e para as súas familias, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida a través dunha atención interdisciplinar que ten como meta a reinserción biopsicosocial destas persoas no seu ámbito.
 
Os máis de 450 socios e 100 usuarios que acoden ás instalacións do Centro de ADACECO, fano nas súas 2 modalidades. Centro de día ou de forma ambulatoria. Deste xeito preténdese prestar coidado e atención integral ás persoas afectadas por DCA (dano cerebral adquirido) e ás súas familias, combinando e integrando multitude de disciplinas, á vez que se ofrece un tratamento rehabilitador, así como actividades complementarias de ocio terapéutico, estimulación socioafectiva, de relación social e de respiro familiar, na modalidade de estadía diúrna.





ETIQUETADO EN: DAÑO CEREBRAL  ,  ADACECO

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •