Á luz da ciencia
Á luz da ciencia
Espectáculos de ciencia para centros escolares
Os espectáculos científicos do ciclo Á luz da ciencia forman parte do programa de actividades de divulgación e fomento da ciencia e a tecnoloxía, e están orientados a alumnos de 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato.
O obxectivo dos espectáculos do ciclo Á luz da ciencia é descubrir e dar a coñecer a ciencia e a tecnoloxía dun xeito didáctico e ameno para o alumnado.
Ponse a disposición do profesorado unha guía didáctica para traballar na aula antes e despois de cada espectáculo co fin de integrar ao máximo a actividade cos contidos curriculares.
Ao longo de 50 minutos, os asistentes participan en experiencias espectaculares que serven para introducir conceptos científico-tecnolóxicos relacionados cos distintos temas que se van desenvolvendo.
PROGRAMA
Sede de Vigo:
Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31)
Horario: de 10.00 a 11.00 hs.; de 11.15 a 12.15 hs.; de 12.30 a 13.30 hs.
- Raios e centellas: 20 de Setembro
- A Ciencia e os Superheroes: 11 de Outubro
- Arpexos de Ciencia: 8 de Novembro
- Ciencia ou ficción?: 13 de Decembro
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar