Presidenta

Pilar Romero Vázquez-Gulías

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria de carreira do Corpo Superior de Técnicos da Administración da Seguridade Social (promoción de 1978). Na actualidade ocupa a Presidencia da Fundación Barrié, onde realiza un intenso labor social promovendo iniciativas que contribúen á mellora da calidade de vida das persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou exclusión social. Con anterioridade foi Subdirectora Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña. É vogal electiva do Padroado da Fundación Barrié desde 2004 e presidenta executiva desde 2024.