Presidente

José María Arias Mosquera

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e PADE do Instituto de Estudos Superiores da Empresa (IESE). Desde xaneiro de 2014, preside o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, é Presidente de APD Noroeste (Asociación para o Progreso da Dirección), desde marzo de 2015. Convencido do papel fundamental da educación no progreso da sociedade, participa activamente en diversas asociacións e entidades que propician a consecución de cidadáns que entendan o seu contorno e poidan melloralo. Deste xeito, é membro do Consello de patróns da Asociación Española de Fundacións, é patrón de honra da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, é vogal do Padroado Princesa de Asturias, do Consello da Cultura Galega, das Escolas Populares Gratuítas e patrón de honra do Museo de Pontevedra. É patrón electivo e familiar da Fundación Barrié desde 1982 e presidente executivo desde 2009. Desde 2001 foi Presidente de Banco Pastor e desde 2012 Vicepresidente de Banco Popular, cargos que ostentou ata 2017. Foi Vicepresidente de Unión Fenosa e Conselleiro de AEB (Asociación Española de Banca), Gas Madrid, Hullas del Coto Cortés, Elosua e Carbonell, Pastor Vida e 4B, entre outros.