Directora
Carmen Arias Romero
Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas en 2009 e MBA por Columbia Business School en 2017. A súa traxectoria foi recoñecida pola Forté Foundation (Forté Fellow, 2015) e premiada por Columbia Business School cunha bolsa de estudos polo importe completo da matrícula (Project Charity Trust Fellowship, 2015–2017). Actualmente é directora de programas da Fundación Barrié, onde lidera a planificación, execución e avaliación dos programas aprobados polo Padroado. Antes de incorporarse á Fundación Barrié, traballou para Rockefeller Philanthropy Advisors, participando en proxectos de asesoramento en filantropía nos eidos da educación, o emprendemento social, as artes e a incorporación ao mercado laboral de persoas en exclusión social. Anteriormente, foi consultora asociada en Management Solutions, asesorando en procesos de medición e xestión de riscos a entidades financeiras de Europa e da América Latina. Iniciou a súa carreira profesional na División de Banca de Investimento de Goldman Sachs. É vogal da Xunta Directiva da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié desde 2016.