BUSCAR
Xornada "A xestión sostible dos residuos na economía circular"
Venres 12 de Maio de 2017
09:30-14:15 y 16:30-19:00
Sede A Coruña
Aforo limitado
Require inscrición Enlace aquí
A Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa A xestión sostible dos residuos na economía circular, unha xornada promovida por SOGAMA coa finalidade de explicar á cidadanía os pasos que se deben de seguir na transición cara a un modelo de desenvolvemento circular no cal os residuos sexan concibidos como recursos de valor.
Aberto o prazo de inscrición e a información está a disposición dos interesados na web de SOGAMA.
Para acudir ao evento, deberán enviar un formulario cos seus datos. As persoas que asistirán á xornada recibirán un diploma acreditativo.
Programa
09:30 h. Recepción de asistentes
10:00 h. Acto inaugural a cargo da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.
Presenta e modera Javier Domínguez, Presidente de Sogama.
10:15 h. A xestión dos residuos urbanos nun marco europeo de economía circular.
Relator: Jean Pierre Hannequart, Presidente de Honra da Fundación para a Economía Circular.
11:00 h. Plan de Acción Economía Circular. Estado da negociación das Directivas de Residuos.
Relatora: Margarita Ruiz Saiz-Aja, Subdirectora Xeral Adxunta de Residuos (Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural. Secretaría de Estado de Medio Ambiente. Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente).
11:45 h. Pausa-Café
12:00 h. Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020. Instrumentos, obxectivos e resultados provisionais.
Relatora: María Cruz Ferreira Costa, Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio-Xunta de Galicia).
12:45 h. O papel dos SIG na economía circular:
- Ecoembes. Fernando Blázquez Andrés, Xerente Zona Norte
- Ecovidrio. Germán Fernández Freire, Xerente Galicia
- Recyclia. Julio Lema, Director Comercial e Comunicación
Tarde
16:30 h. A ampliación de Sogama. Garantía de futuro para Galicia.
Relator: Isidro García Téllez, Director Xeral de Sogama.
17:15 h. O potencial da valorización enerxética. Situación en España e Europa.
Relator: Mikel Huizi Leiza, Director Xeral de Zabalgarbi.
18:00 h. O papel da vermicompostaxe na autoxestión da materia orgánica.
Relator: Sergio Quiroga Rivero, Director de I+D e Produción de Ecocelta.
18:45 h. Conclusións e clausura polo Presidente de Sogama, Javier Domínguez.
ETIQUETADO EN: SOGAMA , RESIDUOS , ECONOMÍA CIRCULAR
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-