BUSCAR
Dircom - Presentación do Anuario da Comunicación 2017

Venres 29 de Setembro de 2017
11:00-14:00
Sede Vigo
Ata completar aforo
O Anuario da Comunicación, editado por Dircom, nace todos os anos co obxectivo de profundar nas tendencias da comunicación e este ano faino máis que nunca. Analizaranse os estudos máis relevantes da profesión e definiranse as 7 tendencias nas que debe pór o foco o profesional da comunicación:
Confianza
Estratexia
Públicos internos
Big data
Contidos
Empresa social
Comunicación móbil
Ademais, ofrécense recomendacións de expertos e casos de éxito que converten esta publicación nunha ferramenta clave para os comunicadores. Conta coa participación de Sebastián Cebrián, director xeral de Dircom, Andrés Casal, fundador de Wetaca, que presentará o caso “Da estratexia á mesa, unha experiencia para chuchar os dedos" e a profesora Carmen Costa, que introducirá o Estudo da Comunicación en Galicia.
ETIQUETADO EN: ANUARIO DE LA COMUNICACIÓN , DIRCOM , ESTRATEGIAS DE COMUNICACIÓN
PRÓXIMOS EVENTOS