Espertamos ás Artes

Espertamos ás Artes

Espectáculos didácticos

Baixo o título de Espertamos ás Artes, a Fundación Barrié ofrece á comunidade educativa en particular e á sociedade en xeral, unha serie de espectáculos didácticos concebidos para que os máis pequechos da casa poidan iniciarse no mundo do teatro e a música e potenciar a súa sensibilidade e intelixencia emocional mediante as artes escénicas, xa que os primeiros anos na vida dun neno son unha etapa crucial na súa educación, na que os sentidos xogan un papel esencial na súa aprendizaxe e desenvolvemento.

Espertamos ás Artes diríxese a nenos no seu contorno familiar, con espectáculos durante as fins de semana, e no eido escolar, con sesións entre semana para centros educativos.

Con Espertamos ás Artes, a Fundación Barrié márcase o obxectivo de ofrecer unha proposta didáctica na que bebés e nenos de ata 4 anos gocen de espectáculos creados para potenciar a súa sensibilidade e se acheguen por primeira vez ao mundo do teatro e da música nun espazo escénico especificamente adaptado a eles.

CONTIDOS RELACIONADOS