BUSCAR
Convocatoria da rolda de prensa. Presentación da campaña "A Gran Recollida 2017"
Venres 17 de Novembro de 2017
11:00
Sede A Coruña
Presentación aos medios de comunicación de A Gran Recollida de Alimentos 2017, campaña que se desenvolverá en toda España os días 1 e 2 de decembro, e que na provincia da Coruña será coordinada polo Banco de Alimentos Rías Altas, coa participación de voluntarios e entidades colaboradoras.
Na rolda de prensa intervirá Juan Mateos Vega, presidente do Banco, xunto a Mercedes Fernández, coordinadora de Voluntariado, e outros membros da xunta directiva.
O Banco de Alimentos Rías Altas quere chamar á colaboración de toda a sociedade nesta acción solidaria, orientada a cubrir necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas.
Banco de Alimentos Rías Altas
O Banco de Alimentos Rías Altas é unha organización benéfica sen ánimo de lucro cuxo fin é a consecución gratuíta de alimentos de todas clases, para logo doalos a entidades legalmente recoñecidas dedicadas á asistencia e coidado directo de persoas necesitadas no ámbito xeográfico da provincia da Coruña. É membro da Federación Española de Bancos de Alimentos, que agrupa na actualidade máis de 50 Bancos de Alimentos de toda España e, a través dela, é membro tamén da Federación Europea de Bancos de Alimentos. O traballo do Banco de Alimentos Rías Altas ten ámbito provincial e apóiase en tres sedes, a central na Coruña e dous delegacións de Santiago de Compostela e Ferrol.
Para máis información: Europublic Comunicación
981 637 383 / 673 166 906 / acarracedo@europublic.es
ETIQUETADO EN: ROLDA DE PRENSA , BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS , RECOGIDA ALIMENTOS , CAMPAÑA , ACCIÓN SOLIDARIA , VOLUNTARIADO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-