Convivimos
Convivimos
Proxecto educativo
Convivimos é unha proposta educativa xurdida da colaboración da Fundación Barrié e a Fundación Meniños, que ten como obxectivo principal fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade, e na igualdade en dereitos e responsabilidades.
Conceptos como "convivencia", "igualdade", "diversidade", "respecto", "responsabilidade", "dereitos"… poden resultar excesivamente abstractos para estas idades. Pero asociándoos a condutas, personaxes, letras, xestos... achegan o seu significado aos máis pequenos, e permiten asocialos a outros semellantes.
As dinámicas e actividades propostas xiran arredor dunha serie de palabras clave, que constitúen o abecedario da convivencia; cada unha destas palabras ten unha relación moi directa co obxectivo xeral.
Con isto, tratarase de fomentar tanto a comprensión xenérica do concepto, como a transmisión de habilidades instrumentais, sociais e de comunicación, incidindo así na construción de actitudes e valores.
Esta iniciativa está concibida para ser desenvolvida principalmente na escola, a través do traballo na aula das mestras e mestres (o seu ámbito de actuación son os centros educativos de Infantil e Primaria de toda a comunidade galega).
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar