BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Congreso: “Correntes de Reforma relixiosa no mundo ibérico do século XVI”

Venres 06 de Setembro de 2019
Sábado 07 de Setembro de 2019

Sede A Coruña

Aforo limitado

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle os vindeiros 6 e 7 de setembro o Congreso Internacional «Correntes de reforma relixiosa no mundo ibérico do século XVI», que organizan un membro de recente incorporación á Facultade de Filoloxía da UDC, Jorge Ledo, e Michel Boeglin, da Université Paul-Valéry, Montpellier 3. O Congreso está financiado polo Programa InTalent (Inditex – Universidade da Coruña), polo Institut de Recherche Intersite Études Culturelles (IRIEC) da Université Paul-Valéry, e conta co apoio da Fundación Barrié.

Entre os participantes encóntranse algúns dos mellores investigadores internacionais sobre heterodoxia relixiosa do século XVI e XVII e reformismo español e portugués, entre eles Carlos Gilly (Universität Basel—Bibliotheca Philosophica Hermetica [The Ritman Library], Amsterdam), Ignasi Terricabras (Universitat Autònoma de Barcelona), Ignacio García Pinilla (Universidad de Castilla La-Mancha), David Kahn (Institut National Universitaire Champollion), Miquel Beltrán (Universitat des Illes Balears) ou Doris Moreno (Universitat Autònoma de Barcelona).

Ademais das quince conferencias programadas, no Congreso tamén se presentará o segundo volume da colección «Heterodoxia Ibérica»: Reginaldus Gonsalvius Montanus, Inquisitionis Hispanicae Artes: The Arts of the Spanish Inquisition (Leiden e Boston: Brill, 2018). As Artes da Inquisición é o panfleto máis importante contra a Inquisición escrito por exiliados relixiosos españois durante o século XVI. A presentación correrá a cargo dun dos editores do texto latino, I. García Pinilla; do seu tradutor ao inglés, J. Nelson, de Michel Boeglin e do director da colección, J. Ledo.

A entrada é libre e a capacidade do local limitada. Para os organizadores sería unha honra contaren coa maior cantidade posible de profesores e investigadores da UDC entre o público, pois sen dúbida farán moito máis valiosas as discusións que sucedan ás sesións. Xa que este evento aspira a combinar a investigación internacional do máximo nivel coa divulgación científica accesible para un público xeral, prégase a maior difusión posible.





PRÓXIMOS EVENTOS