BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


SIMPOSIO. A Publicación en Revistas Científicas de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais na Sociedade do Coñecemento

Venres 15 de Decembro de 2017
Sábado 16 de Decembro de 2017
15:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

O simposio A Publicación en Revistas Científicas de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais na Sociedade do Coñecemento brindará a posibilidade de escoitar expertos con traxectorias en investigación de prestixio e recoñecidas internacionalmente.

Dirixido a aqueles profesionais de perfil profesional investigador, este curso asentará cal é o estado actual da publicación científica en España en relación co panorama internacional e desvelará as chaves para elaborar unha boa estratexia de publicación en revistas académicas, podendo deste xeito obter un maior rendemento e difusión do noso labor investigador e aumentando as posibilidades do impacto social dos avances científicos acadados.

En definitiva, o curso diríxese a todo aquel profesional que queira coñecer como funciona actualmente a publicación científica na sociedade do coñecemento para usalo en beneficio da súa carreira profesional: como publicar artigos, onde consultar as revistas académicas e a súa indexación, estratexias de publicación, novas tecnoloxías para a investigación e para establecer redes de contacto, como xestionar o impacto da investigación, como difundir a propia investigación, criterios actuais de acreditación, dereitos de propiedade intelectual dos investigadores, etc.
 

PROGRAMA


Venres 15

15:30 -16:00   Benvida e entrega de credenciais

16:00-17:00   Ser, estar e saber na Rede: Condición da Sociedade do Coñecemento, por Jesús Miguel Muñoz Cantero, Profesor da Facultade de Educación da Universidade da Coruña.

17:00-18:30   Abrindo as portas á cultura do coñecemento: o acceso aberto en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais, por Cristal Martínez Pousa, Bibliotecaria da Universidade de Santiago de Compostela.

18:30-19:00   Descanso

19:00-21:00   Reputación persoal científica: publicar na sociedade en rede, por Marta Ruiz Corbella, Profesora da Facultade de Educación da UNED.

Sábado 16

10:00-11:30  As Revistas Científicas: Publicación e avaliación da actividade científica. O curriculum vitae nos inicios da carreira investigadora, por Rafael Ruiz Pérez, Catedrático da Universidade de Granada.

11:30-12:00  Descanso

12:00-14:00 A elección dos canais de publicación: por qué, para qué, dónde e cómo facelo, por Evaristo Jiménez Contreras, Catedrático da Universidade de Granada.

14:00-15:30  Descanso

15:30-17:30  Claves para a posta en marcha dun Contorno Persoal de Aprendizaze en Rede, por Carlos Parada Gandos, Consultor de Formación especialista en eLearning e Innovación Educativa.

17:30-18:00  Descanso

18:00-19:30  Beneficios dos repositorios institucionais para os investigadores en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais, por Leticia Barrionuevo, Bibliotecaria da Universidade de León.

19:30-20:30  A construción continua do curriculum vitaeÁngel Luis Hueso Montón, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

20:30-21:00  Clausura do Simposio e entrega de diplomas

 

Simposio organizado por Laura Touriñán Morandeira, Delegada do Club de Música, Artes e Humanidades da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié.





PRÓXIMOS EVENTOS