Conferencias: Joseph Renzulli
CONFERENCIAS
Words of Wisdom
Neste relatorio o Dr Joseph Renzulli fálanos fálaranos das estratexias e recursos para implementar o Modelo de Enriquecemento Escolar, un enriquecemento que contribúe á mellora das escolas e a axudalles a converterse en centros para o desenvolvemento do talento.
Ponente: Joseph Renzulli
Joseph S. Renzulli é Director do Neag National Research Center on the Gifted and Talented da Universidad de Connecticut, un dos centros de investigación de referencia internacional no campo das altas capacidades a nivel mundial. En 2009 é o gañador do Harold W.McGraw, Jr. Prize in Education, considerado por moitos o Nobel de la Educación. A American Psychological Association designouno entre os 25 psicólogos máis influintes do mundo. É coñecido mundialmente polo Modelo dos Tres Aneis das Altas Capacidades e polo Modelom SEM ou de Enriquecemento Triádico. É consultor de centros de investigación e das mellores revistas internacionais no campo da Educación e das Altas Capacidades. É referente mundial no ámbito das Altas Capacidades e ten máis dun centenar de traballos publicados sobre altas capacidades.
Houndstooth
Que é o que causa que algunhas persoas mobilicen os seus principios interpersoais, políticos, ambientais, éticos e morais de tal maneira que poñan os intereses humanos e o ben común por encima da ganancia material, o ego, e a auto-indulxencia? Nesta presentación imos explorar como desenvolver trazos que teñen o potencial de cambiar literalmente o mundo para mellor. A presentación céntrase en características como a coraxe, optimismo, unha sensación de poder cambiar as cousas, a visión e un sentido de destino, e a capacidade de namorarse dun tema ou disciplina.
Ponente: Joseph S. Renzulli
Joseph S. Renzulli é Director do Neag National Research Center on the Gifted and Talented da Universidad de Connecticut, un dos centros de investigación de referencia internacional no campo das altas capacidades a nivel mundial. En 2009 é o gañador do Harold W.McGraw, Jr. Prize in Education, considerado por moitos o Nobel de la Educación. A American Psychological Association designouno entre os 25 psicólogos máis influintes do mundo. É coñecido mundialmente polo Modelo dos Tres Aneis das Altas Capacidades e polo Modelom SEM ou de Enriquecemento Triádico. É consultor de centros de investigación e das mellores revistas internacionais no campo da Educación e das Altas Capacidades. É referente mundial no ámbito das Altas Capacidades e ten máis dun centenar de traballos publicados sobre altas capacidades.
VOLVER AL FORMULARIO
CONTIDOS RELACIONADOS