BUSCAR
Conferencia "Do gabinete ao Campus: as transformacións da sede do Museo do Prado"
EDUARDO ROSALES GALLINAS. Vista do Museo do Prado e da igrexa de San Xerome o Real, h. 1871 (detalle)
Museo Nacional do Prado
Xoves 15 de Decembro de 2016
20:00
Sede Vigo
Aforo limitado
Aberto ao público
Luis Fernández Galiano
Catedrático de Proxectos, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Título: Do gabinete ao Campus: as transformacións da sede do Museo do Prado
Resumo: A colección do Museo do Prado tardou tres séculos en se xestar, e a súa sede estivo en construción durante dous. Se a historia artística do museo é a das coleccións reais –dos Austrias durante os séculos XVI e XVII e dos Borbóns durante o XVIII–, a súa historia institucional enléase coa da súa sede, proxectada por Juan de Villanueva en 1785 e transformada ou ampliada por moitos outros arquitectos durante os dous séculos seguintes. O inicial Gabinete de Historia Natural levantado xunto ao Xardín Botánico inaugurouse como Galería das Nobres Artes en 1819, modificándose de xeito significativo durante o século XIX, e experimentando durante o XX unha sucesión de ampliacións que culminarían coa expansión do museo aos edificios que lindaban, transformado nun Campus ao que se foron incorporando o Casón do Bo Retiro, o claustro herreriano dos Xerónimos e, proximamente, o Salón dos Reinos obxecto do actual concurso de arquitectura.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , PRADO , ARTE , MUSEO , ROSALES GALLINAS , AUSTRIAS , BORBONES , JUAN DE VILLANUEVA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-