BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "O Tesouro do Delfín"

OBRADOIRO DOS SARACHI . Vaso en forma de dragón ou ''caquesseitão'', h. 1626 Obradoiro dos Sarachi (?) (detalle)

Museo Nacional do Prado

Xoves 22 de Decembro de 2016

20:00

Sede Vigo

Aforo limitado

Aberto ao público

Letizia Arbeteta
Corpo Facultativo de Museos
Título: O Tesouro do Delfín

Resumo: O coñecido como "Tesouro do Delfín" foi recibido en herdanza polo primeiro rei Borbón de España, Felipe V, tras a morte en 1711 de seu pai Luís, gran delfín de Francia. Consiste nun grupo de vasos ricos, realizados con diferentes tipos de xemas e guarnecidos case todos con monturas de ouro e pedras. Luís XIV, no seu desexo de sobrepasar en esplendor ao resto de soberanos europeos, reuniu unha colección que se puidese parangonar coas históricas das grandes dinastías, de xeito especial a dos Habsburgos en Viena. En paralelo, seu fillo Luís creaba outra competindo e incluso superando a do pai, parte da cal se trasladou a España, onde constitúen un dos grandes tesouros de Europa. Os vasos en si mesmos transcenden a súa aparencia pois, ademais de ter sido creados para grandes persoeiros polos máis importantes obradoiros e prateiros do momento, son exercicios de enxeño que conteñen enigmas, reflicten ideas políticas, relixiosas ou ­filosófi­cas, incluíndo exemplos de arte interactiva.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  PRADO  ,  ARTE  ,  MUSEO  ,  SARACHI  ,  FELIPE V  ,  LUIS XIV

PRÓXIMOS EVENTOS