BUSCAR
Conferencia "A oración no horto. Colart de Laon"
COLART DE LAON (?). A oración no horto co doante Luís I de Orleáns, 1405 – 1408 (detalle)
Museo Nacional do Prado
Xoves 10 de Novembro de 2016
20:00
Sede A Coruña
Aforo limitado
Aberto ao público
Pilar Silva
Xefa de Departamento de Pintura Española (1100-1500) e Pintura Flamenca e Escolas do Norte (1400-1600)
Título: A oración no horto. Colart de Laon
Resumo: A súa adquisición no ano 2012 foi un deses “fitos” acadados polo Prado nestes últimos anos. A análise técnica e os estudos de carácter documental e historiográfico permitiron saber que o doante axeonllado que figuraba na táboa protexido por santa Inés era Luís I de Orleáns (1372-1407). A clave para a súa identificación foron as follas de ortigas de ouro que loce nas mangas, unha das súas divisas. A restauración permitiu recuperar as figuras do doante e mais a súa santa patroa, ocultos polos repintados. O descubrimento desta obra supón unha achega moi importante ao “corpus” de pintura primitiva francesa, xa que o número de obras da fin do XIV ou comezos do XV é moi escaso e, poucas veces ou ningunha acadan a calidade e a relevancia desta pequena xoia, que se asocia con Colart de Laon, pintor de corte de Luís de Orleáns.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , PRADO , ARTE , MUSEO , COLART DE LAON , LUIS DE ORLEANS
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-