BUSCAR
Conferencia "A terra, unha boa vivenda. A natureza como obra de arte total"
Simón Marchán Fiz
Xoves 04 de Abril de 2019
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Simón Marchán Fiz
Catedrático Emérito de Estética e Teoría das Artes.
Académico de Número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid
Título: A terra, unha boa vivenda. A natureza como obra de arte total
Resumo: Antes de plasmarse en propostas artísticas ou proxectos arquitectónicos, a consideración da natureza como obra de arte total abrolla das experiencias estimuladas por certos accidentes sobresaíntes da xeografía que se perciben a medio camiño entre o descubrimento, o coñecemento e as impresións espertadas pola orografía, as exploracións da xeoloxía nas súas estratificacións e nas experiencias estéticas que todo iso propicia.
A natureza é transfigurada nunha obra de arte total antes polas olladas que proxecta a percepción na súa contemplación que por obra das intervencións que a alteran. Desde agora ata o Land Art e as súas expansións, ollar e transformar o "encontrado" na natureza son complementarios, do mesmo xeito que o espectador como artista e o artista como espectador intercambian continuamente os seus papeis.
A obra de arte total da "terra, unha boa vivenda" desprégase antes na estética da natureza que na filosofía da arte. Curiosamente, en paralelo cunha nova disciplina: Estética, que aínda que se centre nos asuntos da sensibilidade e da percepción estéticas, atribuirá igualmente á natureza física unha capacidade para producir libremente sistemas e formas que proceden tecnicamente á maneira da arte e poden ser captados ou reflectirse na imaxinación do espectador.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO REINA SOFÍA , SIMÓN MARCHÁN FIZ , ARTE CONTEMPORÁNEA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-