BUSCAR
Conferencia "Salvador Dalí: tradicións, traizóns e outros labirintos" dentro do ciclo “Do presente ao pasado. Vangarda e tradición na arte española contemporánea”
Xoves 09 de Febreiro de 2017
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Agustín Sánchez Vidal
Título: Salvador Dalí: tradicións, traizóns e outros labirintos
Resumo: O Teatro-Museo Dalí de Figueras articúlase arredor do seu antigo escenario, onde hoxe se acha a tumba do pintor. Presídeo un gran pano, en que se representa o torso dun xigante cunha cabeza de ovo fendida, unha porta trapezoidal no peito e os cipreses d'A illa dos mortos de Böcklin ao fondo. Esta obra foi concibida na súa orixe para o ballet Labirinto, estreado en 1941 na Metropolitan Opera House de Nova York, con libreto, decorados e vestiario saídos, así mesmo, da súa man. Un espectáculo que deixaba translucir, con moita claridade, as conviccións clasicistas do pintor, reforzadas polas súas recentes estancias en Italia. Nel, Teseo é unha representación da Historia que, forzando o seu destino, penetra no Labirinto para matar o Minotauro, símbolo da Revolución, e reencontrar o seu camiño de saída grazas ao fío de Ariadna da Tradición. Tamén nos servirá a nós coma fío condutor para explorarmos as raíces tradicionais da obra daliniana e o posterior desenvolvemento destes ingredientes, a miúdo desatendidas polos que perciben nela os meros ecos das doutrinas surrealistas de André Breton e, xa que logo, a consideran a partir de determinado momento unha traizón aos seus postulados.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO REINA SOFÍA , ARTE CONTEMPORÁNEO , AGUSTÍN SÁNCHEZ VIDAL , SALVADOR DALÍ
PRÓXIMOS EVENTOS
DEBATE ACADÉMICO TDAG
DEBATE ACADÉMICO TDAG
TORNEO ESCOLAR DE ORATORIA (TEO)
V LIGA MAKER DRONE
-
Luns 26 de Xaneiro de 2026
Martes 03 de Febreiro de 2026
-
Xoves 05 de Febreiro de 2026
Venres 06 de Febreiro de 2026
-
Luns 09 de Marzo de 2026
Venres 13 de Marzo de 2026
-
Venres 08 de Maio de 2026
00:00-00:00 -
Sede A Coruña
-
-
-
-
-
-
-
-

Pechar