BUSCAR
Conferencia: "Antoni Gaudí: arquitectura, relixión, revolución e iconoclastia"
Juan José Lahuerta
Mércores 25 de Abril de 2018
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Profesor de Historia da Arte, Escola de Arquitectura de Barcelona
Resumo: Gaudí non era o xenio illado e incomprendido que gran parte da súa bibliografía, case sempre haxiográfica, nos deu a entender, senón que a súa obra se desenvolveu no interior de estratexias políticas e ideolóxicas ben concretas. Aínda que iso non quere dicir, evidentemente, que Gaudí fose un ideólogo, un construtor de ideoloxía no sentido funcional, operativo do termo, nin tampouco, aínda menos, que a súa obra fose directamente determinada polos intereses ideolóxicos ou políticos dos seus clientes e da Igrexa, como se Gaudí fose un arquitecto “orgánico”. Ben ao contrario, a súa particular maneira de entender o seu traballo enfrontouno moi a miúdo con eses clientes e coa sociedade na cal vivía. E non só iso: é evidente que a obra de Gaudí constitúe o momento máis alto da produción artística e intelectual da Cataluña da súa época -e non só da súa época-, e poderiamos estar de acordo en que Barcelona, a súa imaxe e o seu carácter, mantén unha relación de dependencia extraordinaria coa obra de Gaudí.
A arquitectura de Gaudí non é formalista, senón simbólica. Quero dicir que non é unha arquitectura encerrada nas súas propias elucubracións, senón, polo contrario, absolutamente comprometida coa vida dunha Barcelona -cidade das bombas, Rosa de Lume...- desgarrada pola loita de clases. E el non é un místico ausente do mundo, senón un personaxe político, presente como poucos na escena desa loita. Ou, literalmente, como digo, construtor dos seus máis importantes escenarios simbólicos: nun sentido profundamente metafórico, da súa Arquitectura.
A culminación de Gaudí como figura pública, como personaxe político, alcánzase no Templo da Sagrada Familia. Aínda que Gaudí traballaba nesta obra practicamente desde o inicio da súa carreira, non será ata os primeiros anos do século XX cando comezará a ser realmente significativa, asumindo, paseniño, grazas a importantes campañas divulgativas, o papel de nova catedral de Barcelona ou de catedral dos pobres, como di o título dunha famosa pintura de Mir, ou, en fin, aínda mellor, de “coroa” dunha cidade que vivía, entre as máis fortes contradicións, a maior expansión da súa historia. Ao mesmo tempo, e a medida que o seu traballo vaia concentrándose tan só no templo da Sagrada Familia, a figura de Gaudí será vista cada vez máis como unha especie de idealización do particular xenio do pobo catalán, soñador e práctico, relixioso e realista a partes iguais, absolutamente operativa para as urxencias restauradoras da Igrexa e para os intereses políticos do catalanismo conservador, fronte a unha situación de crise política e social, e, en ocasións, revolucionaria, que culmina nos sucesos da Semana Tráxica.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO REINA SOFÍA , ARTE CONTEMPORÁNEA , GAUDÍ , JUAN JOSÉ LAHUERTA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-