BUSCAR
Conferencia "Picasso e a arte medieval" dentro do ciclo “Do presente ao pasado. Vangarda e tradición na arte española contemporánea”
Xoves 02 de Febreiro de 2017
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Juan José Lahuerta
Resumo: Unha conferencia sobre Picasso e a arte medieval das características da que estamos a formular cómpre ter en conta dúas datas nas que a relación é “física”: a primeira 1906, cando Picasso, nun momento decisivo de transformación do seu estilo, instalouse durante a primavera e o verán na pequena vila de Gòsol, no Pireneo catalán; a segunda 1934, cando Picasso visitou en Barcelona as coleccións de Arte Románica da que hoxe é o Museu Nacional d’Art de Catalunya, un acontecemento que foi amplamente comentado na prensa barcelonesa na altura. Mais isto non quere dicir que a conferencia teña que formularse como a procura dunha “influencia directa” da arte medieval na obra de Picasso. Ben sabemos que ese tipo de “influencias directas” non existen na súa obra, unha de cuxas características principais xorde da súa capacidade de transformar calquera ascendencia converténdoa en algo distinto e propio, que ao mesmo tempo conserva e supera os modelos orixinais, os cales, en todo caso, son sempre moi variados e nunca lineais.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO REINA SOFÍA , ARTE CONTEMPORÁNEO , JUAN JOSÉ LAHUERTA , PICASSO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA MANUEL ARIAS MARTÍNEZ
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-
Xoves 21 de Novembro de 2024
19:30 -
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -
-
-
-
-
-
-
-