BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Os bisnetos de Wagner. Gesamtkunstwerk e vangarda en Alemaña entre 1968 e 1983"

Jordi Ibáñez

Xoves 14 de Marzo de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Jordi Ibáñez
Escritor e profesor de Estética, Teoría da Cultura e Filosofía.
Departamento de Humanidades da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona
Título: Os bisnetos de Wagner. Gesamtkunstwerk e vangarda en Alemaña entre 1968 e 1983

Resumo: Esta sesión propón explorar e explicar a pervivencia e transformación da vella idea wagneriana da «obra de arte total» no contexto da vangarda artística, da cultura e da política en Alemaña nos duros anos da crise política, xeracional e histórica que arrancan a finais da década dos 60 ata os primeiros 80. Mais posto que hai que comprender o concepto wagneriano do Gesamtkunstwerk a partir de dous planos —o das artes «reunidas» (gesamt) nunha mesma obra (quer a ópera, quer o cinema, quer a performance ou unha determinada concepción das mostras da arte contemporánea), e o da propia capacidade da arte para restituír unha experiencia completa e total que o mundo moderno supostamente volvería imposible, como se só no campo dunha determinada práctica cultural o individuo volvese ser plenamente el e á vez plenamente membro dunha comunidade—, veremos entón como estes dous planos se reproducen e varían nas prácticas artísticas, culturais e políticas do «68 alemán» e a súa longa deflagración ao longo da década seguinte.
Mais non se trata de incorrer no tópico que atribúe á cultura alemá a persistencia dunhas raíces románticas idiosincrásicas, aínda que estas raíces románticas sexan evidentes na idea do Gesamtkunstwerk. Basta lembrar aquí que a novela clásica do «68 italiano» se titula Vogliamo tutto (de Nani Balestrini, publicada en 1971), ou que en moitos aspectos a experiencia do Maio francés quixo pór en práctica a vella máxima das vangardas, desde Rimbaud ata o surrealismo, de changer la vie, de «cambiar a vida» enténdese que como un todo feito de experiencias, posibilidades e relacións («Prénez vos désirs pour des réalités» foi sen dúbida un dos slogans máis famosos pero tamén máis reveladores daquela revolta, o seu significado e as súas consecuencias). O que rexistraremos no contexto alemán será unha singular dureza na violencia da crise xeracional e da resposta do Estado. Proxectándose sobre dela encontraremos a sombra, difusa ou alongada, dun convidado de pedra tan interesante como chocante naquel contexto: Richard Wagner, de quen en 1976 se celebraría o centenario da estrea do Anel en Bayreuth (coa famosa produción de Boulez-Chereau), e en 1983 o centenario da súa morte.





PRÓXIMOS EVENTOS