BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Ópera esférica"

Carlus Padrissa

Xoves 28 de Marzo de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Carlus Padrissa
Codirector de La Fura dels Baus
Título: Ópera esférica

Resumo: A Fura dels Baus é excentricidade, innovación, adaptación, ritmo, evolución e transgresión. Esa esencia tan propia e única levouna a ser pioneira en reconceptualizar dous dos aspectos máis importantes de toda arte dramática: o espazo e o público. Así pois, respectivamente, redefiniron o espazo de actuación –trasladándoo a espazos non convencionais– e trocaron de pasivo a activo o papel do público, rachando deste xeito a “cuarta parede”. A inquietude e a necesidade constante de exploraren novas tendencias artísticas desenvolveron, mediante un proceso de creación colectiva, unha linguaxe, un estilo e unha estética propias. O que hoxe en día chámase “linguaxe furera”, que souberon levar a diferentes xéneros artísticos: a arte escénica, a ópera, o cinema ou o macroespectáculo.

A conferencia de Padrissa abordará as distintas disciplinas artísticas que conviven nunha ópera: a obra de arte total, tal como acuñou Richard Wagner. Desde o teatro físico ata a música, pasando pola poesía e, penetrando no terreo furero, tamén cómpre facer especial fincapé na vangardista escenografía utilizada pola compañía. E é que La Fura foi pioneira en utilizar elementos tan diversos como grúas, depósitos de auga, cordas de escalada, vestiario transgresor ou elementos tecnolóxicos. Cabe salientar o uso de grandes espazos e grandes máquinas, con plena liberdade visual.


Vídeo - resumo da conferencia de Carlus Padrissa, Codirector La Fura dels Baus, no noso ciclo "A obra de arte total na arte contemporánea" na Fundación Amigos do Museo Reina Sofía.





PRÓXIMOS EVENTOS