BUSCAR
Conferencia: "Crash: o sacrificio mecánico. Dende Warhol ata Cronenberg"
Félix de Azúa
Miguel Ángel Merodio
Xoves 10 de Maio de 2018
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Doutor en Filosofía e catedrático xubilado de Estética
Resumo: Como o mesmo título deste ciclo anuncia, trataremos unha práctica de sacrificio interesante, aínda que pouco transitada, a dos milleiros de mortos que rematan a súa vida no altar mecánico dun automóbil. Se seguimos a Girard no seu célebre ensaio, todas estas mortes han de obedecer a unha divindade, tras a que se agocha a extrema violencia da vida social, co fin de borrala da experiencia cotiá. E, efectivamente, así como a nosa sociedade ten un horror pánico á violencia de xénero, por exemplo, a ninguén lle preocupa a violencia mecánica. Os sacrificios mecánicos, xa que logo, cumpren o seu propósito.
Cal é a divindade tras a que se agocha a carnizaría? Tanto Agustín García Calvo como Rafael Sánchez Ferlosio trataron en diversas ocasións esta cuestión. Para ambos, a divindade agochada non era outra que o Progreso, un deus que segue a estar agochado tras as innumerables medidas de mellora que producen as sociedades chamadas “avanzadas”. Como todos os deuses, o Progreso ten as súas propias representacións artísticas, pero veremos tan só as que se dedican ás súas vítimas do sacrificio mecánico. Artistas como Warhol ou Vostell teñen dedicado parte da súa obra ao sacrificio mecánico, pero moitos outros artistas renden unha homenaxe relixiosa ao sacrificio mecánico semellante ao que á arte cristiá rendía ao sacrificio de Xesús na cruz e aos sucesivos mártires.
Non só a pintura, tamén a literatura e o cine han dado forma artística ao sacrificio mecánico. Un exemplo notorio é a novela Crash de J.G. Ballard, levada logo ao cinema por David Cronenberg nunha cinta case mística. No entanto, ningunha destas producións é consciente de practicar un culto relixioso. Intentaremos pescudar o motivo. De habelo.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO REINA SOFÍA , ARTE CONTEMPORÁNEA , WARHOL , CRONENBERG , FÉLIX DE AZÚA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA MANUEL ARIAS MARTÍNEZ
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-
Xoves 21 de Novembro de 2024
19:30 -
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -
-
-
-
-
-
-
-