BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Do gabinete ao Campus: as transformacións da sede do Museo do Prado"

EDUARDO ROSALES GALLINAS. Vista do Museo do Prado e da igrexa de San Xerome o Real, h. 1871 (detalle)

Museo Nacional do Prado

Xoves 15 de Decembro de 2016

20:00

Sede Vigo

Aforo limitado

Aberto ao público

Luis Fernández Galiano
Catedrático de Proxectos, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Título: Do gabinete ao Campus: as transformacións da sede do Museo do Prado

Resumo: A colección do Museo do Prado tardou tres séculos en se xestar, e a súa sede estivo en construción durante dous. Se a historia artística do museo é a das coleccións reais –dos Austrias durante os séculos XVI e XVII e dos Borbóns durante o XVIII–, a súa historia institucional enléase coa da súa sede, proxectada por Juan de Villanueva en 1785 e transformada ou ampliada por moitos outros arquitectos durante os dous séculos seguintes. O inicial Gabinete de Historia Natural levantado xunto ao Xardín Botánico inaugurouse como Galería das Nobres Artes en 1819, modi­ficándose de xeito signifi­cativo durante o século XIX, e experimentando durante o XX unha sucesión de ampliacións que culminarían coa expansión do museo aos edificios que lindaban, transformado nun Campus ao que se foron incorporando o Casón do Bo Retiro, o claustro herreriano dos Xerónimos e, proximamente, o Salón dos Reinos obxecto do actual concurso de arquitectura.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  PRADO  ,  ARTE  ,  MUSEO  ,  ROSALES GALLINAS  ,  AUSTRIAS  ,  BORBONES  ,  JUAN DE VILLANUEVA

PRÓXIMOS EVENTOS