BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "A Galicia navegante no imaxinario literario"

Venres 18 de Setembro de 2020

19:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

A sede da Fundación Barrié na Coruña acolle esta semana o parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario” organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). Será o vindeiro venres 18 de setembro a partir das 19:00 horas cando Pemón Bouzas, Manuel Bragado e Marilar Aleixandre, baixo a coordinación de Olivia Rodríguez, reflexionarán sobre a importancia do mar e das navegacións na literatura ao fío da exposición “Inventio mundi” (Sede da Fundación Barrié na Coruña ata o 25 de outubro) coa que o Consello da Cultura Galega pretende dar a coñecer as repercusións que tivo para Galicia a primeira circunnavegación da Terra, a expedición de Magalhães-Elcano.
 
Para asistir, cómpre inscribirse aquí.
 
A asistencia é gratuíta, previa inscrición, ata completar a capacidade da sala establecida segundo as medidas sanitarias vixentes no momento do acto. Para asistir cómpre atender ás medidas de prevención de covid establecidas no Protocolo da Fundación Barrié e que inclúen o uso obrigatorio de máscara, desinfección de mans con solución hidroalcólica á entrada do edificio, gardar a distancia interpersoal de 2 metros e uso preferente de escaleiras no canto de ascensor no interior do edificio. Ademais disto, seguiranse as indicacións do persoal de atención en sala relativas aos fluxos de movementos e colocación no auditorio.





PRÓXIMOS EVENTOS