BUSCAR
Conferencia: "Demografía e tecnoloxía. A morte da morte"
"Galicia na encrucillada". Conferencia a cargo de José Luis Cordeiro
Luns 20 de Novembro de 2017
20:00-21:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Require inscrición Enlace aquí
José Luis Cordeiro Mateo, profesor fundador de SINGULARITY UNIVERSITY impartirá unha conferencia na sede da Coruña da Fundación Barrié no marco do ciclo de conferencias "Galicia na encrucillada", organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección e a Fundación Barrié. Con iso compleméntase a xornada do día 17 de outubro.
A nosa sociedade está a vivir un troco demográfico que traerá consecuencias de grande alcance en todos os eidos, ao pór en cuestión aspectos tan fundamentais como a permanencia do actual modelo económico, a supervivencia do noso estilo de vida ou a propia sostibilidade do estado do benestar.
En España, e de xeito especial en Galicia, este debate cobra especial importancia pola preocupante evolución da pirámide de poboación. Debemos estar preparados, pois esta situación afectaranos sen nengunha dúbida como individuos, como cidadáns, como profesionais e como empresarios.
Conscientes da dimensión desta problemática e do seu impacto na nosa sociedade e nas nosas empresas, APD e a Fundación Barrié organizan o ciclo titulado “GALICIA NA ENCRUCILLADA”, que comezou o pasado 17 de outubro na Coruña coa celebración dun grande encontro sobre a nosa demografía e futuro. Neste ciclo tratamos de dar resposta a cuestións sobre o que supón o troco demográfico, cal é a situación en España e Galicia ou cara onde nos dirixe este envellecemento progresivo da poboación.
Entrada gratuíta previa inscrición en APD o contactando con info@fbarrie.org
ETIQUETADO EN: CORDEIRO , INTELIXENCIA ARTIFICIAL , GALICIA , DEMOGRAFÍA , ENVELLECEMENTO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-