BUSCAR
Conferencia "A épica da derrota: Velázquez, Goya, Picasso"
DIEGO RODRÍGUEZ DE SILVA Y VELÁZQUEZ. As lanzas ou A rendición de Breda, h. 1635 (detalle)
Museo Nacional do Prado
Martes 16 de Febreiro de 2016
20:00
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Santiago de Compostela
Aforo limitado
Aberto ao público
Francisco Calvo Serraller
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
Título: A épica da derrota: Velázquez, Goya, Picasso
Resumo: Dentro da súa extraordinaria colección, o Museo do Prado posúe obras que, á marxe da súa excepcional calidade, atesouran claves éticas cruciais para a nosa época contemporánea. Este legado está ligado ao destino histórico do noso país desde o momento en que se fraguou, primeiro, a súa decadencia militar e, posteriormente, a caída do imperio hispánico. Esta conferencia céntrase na análise de cadros que deron un testemuño significativo da inversión moral que se produciu para trocar o sufrimento das derrotas nunha vitoria ética. Analizarase o sentido daquelas obras que se converteron en iconas de como o triunfo da forza foi substituído por outros valores de maior forza racional e ética, que proclaman o intolerable de vencer sen convencer. Significativamente, as máis importantes foron executadas por artistas españois entre os séculos XVII e XX e pertencen á colección do Museo do Prado, polo que reparar na cuestión ética de fondo que alumean é un dos fitos máis notables desta histórica institución, que así, tamén desde esta perspectiva, demostra a súa peculiar personalidade.
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-