BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "A épica da derrota: Velázquez, Goya, Picasso"

DIEGO RODRÍGUEZ DE SILVA Y VELÁZQUEZ. As lanzas ou A rendición de Breda, h. 1635 (detalle)

Museo Nacional do Prado

Martes 16 de Febreiro de 2016

20:00

Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Santiago de Compostela

Aforo limitado

Aberto ao público

Francisco Calvo Serraller
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
Título: A épica da derrota: Velázquez, Goya, Picasso

Resumo: Dentro da súa extraordinaria colección, o Museo do Prado posúe obras que, á marxe da súa excepcional calidade, atesouran claves éticas cruciais para a nosa época contemporánea. Este legado está ligado ao destino histórico do noso país desde o momento en que se fraguou, primeiro, a súa decadencia militar e, posteriormente, a caída do imperio hispánico. Esta conferencia céntrase na análise de cadros que deron un testemuño signifi­cativo da inversión moral que se produciu para trocar o sufrimento das derrotas nunha vitoria ética. Analizarase o sentido daquelas obras que se converteron en iconas de como o triunfo da forza foi substituído por outros valores de maior forza racional e ética, que proclaman o intolerable de vencer sen convencer. Signifi­cativamente, as máis importantes foron executadas por artistas españois entre os séculos XVII e XX e pertencen á colección do Museo do Prado, polo que reparar na cuestión ética de fondo que alumean é un dos fitos máis notables desta histórica institución, que así, tamén desde esta perspectiva, demostra a súa peculiar personalidade.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  PRADO  ,  ARTE  ,  MUSEO  ,  VELÁZQUEZ  ,  GOYA  ,  PICASSO

PRÓXIMOS EVENTOS