BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Concurso de debuxo e relato breve en twitter sobre Cupido (Parmigianino)

Martes 12 de Decembro de 2017
Xoves 21 de Decembro de 2017
18:00-21:00
Domingo e luns pechado

Sede A Coruña


Aberto ao público

A Fundación Barrié convoca un concurso de debuxo e relato breve en 280 caracteres en twitter sobre a obra convidada do Museo Nacional do Prado, “CUPIDO” (Parmigianino. Girolamo Francesco Maria Mazzola) presentada co gallo do ciclo de conferencias “A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo”, organizado pola Fundación Barrié en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado.

Esta obra, que formou parte das coleccións reais españolas, desde as que pasou ao Museo do Prado, é unha copia de época dunha das pinturas máis relevantes de Girolamo Francesco Maria Mazzola (Parma, 1503 - Casalmaggiore, 1540) máis coñecido como Parmigianino, figura fundamental no desenvolvemento do manierismo.

A obra estará exposta na sede da Fundación Barrié ata o 21 de decembro de 2017 no horario de 18h – 21h de martes a sábado.

O concurso, aberto a participantes de todas as idades, abrangue a categoría de debuxo así como a categoría de relato breve en 280 caracteres publicada en twitter.

Unha comisión interna da Fundación Barrié avaliará os debuxos e relatos entregados. O gañador darase a coñecer o 5 de xaneiro de 2018.

O primeiro premio consta dunha tablet por categoría e o segundo premio será un lote de libros de arte do servizo de publicacións da Fundación Barrié.

Categoría de debuxo:

Os participantes poden debuxar na sala de exposición no horario de apertura ao público e entregar os seus traballos no posto de Seguridade da Fundación. Permítese debuxar exclusivamente con lapis (gris ou de cor).

Categoría de relato breve:

Os participantes deben de publicar o relato breve na súa conta de twitter mencionando @FundacionBarrie e utilizando o hashtag #Cupido.





ETIQUETADO EN: CONCURSO  ,  DEBUXO  ,  TWITTER  ,  CUPIDO  ,  MUSEO DEL PRADO  ,  PARMIGIANINO

PRÓXIMOS EVENTOS