BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Concerto “As mulleres na música galega. Milagros Porta Siso”

Sábado 15 de Decembro de 2018

18:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Concerto dedicado á pianista, compositora e directora de orquestra e coros Mili Porta, co gallo do centenario do seu nacemento, organizado pola Asociación Cultural Tres por Cuatro coa colaboración da Fundación Barrié, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e MusicArte. 

Apuntamentos biográficos sobre Milagros Porta
 
Milagros Porta aproba a carreira de piano no Conservatorio de Madrid con catorce anos. Aos dezaseis, dirixe a Orquestra de Profesores da Coruña para a representación da zarzuela La fama del tartanero, coa Agrupación Ofelia Nieto, da cal formará parte como pianista e directora.
Obtén a praza de Profesora Especial de Música e Declamación no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e con posterioridade a Cátedra de Solfeo.
Directora da coral Alalá de Veiga, Anaquiños da Terra do Centro Gallego de Madrid, do Grupo de Ópera de Madrid e do coro de voces brancas Iria Flavia, creado por ela, co que dá a coñecer as cantigas de Martin Codax e Alfonso X o Sabio.
Concedéronlle a Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio.
Anos despois do seu pasamento en 1971, estrearase a súa zarzuela A represa e o río con letra de Antón de Santiago (Nito) no Teatro Colón da Coruña e na Praza da Quintana de Compostela.

Entrada de balde ata completar o aforo.

PROGRAMA

Coral Polifónica El Eco
  
Os teus Ollos   ...... J. Castro Chané
Pandeirada de Vilariño....Popular   
 
 
Grupo Vocal EntrElas e solistas
 
Tríptico ................... Mili Porta
Padrón .................... Mili Porta 
Lonxe da terriña ...... Mili Porta
O Maio ..................... Mili Porta
Vén o día .................. Mili Porta
Nai ............ Ana María Navarrete
 
Solistas: Ana Belén Manteiga, Irene Añón e Ileana Delgado



ETIQUETADO EN: CONCERTO  ,  MÚSICA GALEGA  ,  COROS  ,  MILAGROS PORTA SISO

PRÓXIMOS EVENTOS