Humano, máis humano

Humano, más humano

Del 7 de octubre de 2021 al 23 de enero de 2022

EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN BARRIÉ EN COPRODUCIÓN COA FUNDACIÓN “LA CAIXA”

A Fundación Barrié presenta a exposición HUMANO, MÁIS HUMANO, cunha coidada selección de 13 obras procedentes da Colección “la Caixa” de Arte Contemporánea e creadas por destacadas figuras da arte contemporánea nacional e internacional dos séculos XX e XXI, como A.R. Penck, Jean-Michel Basquiat, George Baselitz, Stephen Dean, Liu Jianhua, Sam Taylor-Wood, Jean-Marc Bustamante, Miquel Barceló, Vik Muniz, Txomin Badiola, Jorge Barbi, Gino Rubert e Anna Malagrida.

Comisariada por Nimfa Bisbe, xefa das coleccións de arte da Fundación ”la Caixa”, a exposición abrangue un abano amplo de formatos artísticos: pinturas, esculturas, fotografías, instalacións e vídeos.

A exposición amplía así a oferta expositiva contemporánea da Fundación Barrié, que, nunha sala superior, amosa unha selección de obras da súa Colección de Pintura Contemporánea Internacional.

Crédito de la imagen:
A.R. Penck (1939, Dresde-2017, Zúrich)
Tríptico para Basquiat (Detalle), 1984
Esmalte sintético sobre tela
Tríptico: 250 x 950 cm
Colección Fundación “la Caixa”
©A.R. Penck, VEGAP, A Coruña, 2021

CONTIDOS RELACIONADOS