BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Charla de Rosa Mª Calaf. Campaña Mundial pola Educación

Xoves 29 de Setembro de 2016
19:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Co gallo da Campaña Mundial pola Educación en Galicia, integrada por Axuda en Acción, Educo, Entreculturas e Taller de Solidariedade, celébrase na Coruña o acto A voz comprometida: xornalismo, desenvolvemento sostible e dereito á educación, no que Rosa Mª Calaf, ex reporteira de TVE e José Manuel Moreno, experto en dereito á educación, debaterán sobre a importancia da implicación da cidadanía e dos medios de comunicación na loita contra as desigualdades. 

Esta acción ten por obxectivo contribuír á difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) entre a cidadanía galega, facendo especial fincapé no ODS 4 que busca velar por que “todas as nenas e nenos rematen os ciclos de ensinanza primaria e secundaria, que debe ser gratuíta, equitativa e de calidade”.


Rosa Mª Calaf, xornalista e correspondente de TVE con dilatada experiencia en multitude de países e conflitos, defenderá a necesidade de informar sobre as traxedias humanitarias e a desigualdade como medio de loitar contra esta.

Estará acompañada por José Manuel Moreno, membro da Campaña Mundial pola Educación e profesor da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla. Moreno falará da importancia que ten a educación na loita contra a pobreza e a inxustiza social.

Hoxe, máis de 50 millóns de nenas e nenos no mundo están sen escolarizar, 103 millóns de mozos e mozas non teñen un nivel mínimo de alfabetización e máis do 60% son mulleres. É preciso priorizar o investimento en educación para lograr reverter estes datos.

Fundación Barrié cede o salón de actos da súa sede en Cantón Grande, 9 para acoller esta acción a partir das 19.00h. 

Sobre a Campaña Mundial pola Educación

A Campaña Mundial pola Educación (CME) nace no ano 2000 co obxectivo de sensibilizar e mobilizar á cidadanía como portavoces e activistas do dereito á educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos co dereito á educación.

www.cme-espana.org
 
Máis información: Mónica Viqueira Martínez
607 166 927

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •