BUSCAR
Charla de Rosa Mª Calaf. Campaña Mundial pola Educación
Xoves 29 de Setembro de 2016
19:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Co gallo da Campaña Mundial pola Educación en Galicia, integrada por Axuda en Acción, Educo, Entreculturas e Taller de Solidariedade, celébrase na Coruña o acto A voz comprometida: xornalismo, desenvolvemento sostible e dereito á educación, no que Rosa Mª Calaf, ex reporteira de TVE e José Manuel Moreno, experto en dereito á educación, debaterán sobre a importancia da implicación da cidadanía e dos medios de comunicación na loita contra as desigualdades.
Esta acción ten por obxectivo contribuír á difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) entre a cidadanía galega, facendo especial fincapé no ODS 4 que busca velar por que “todas as nenas e nenos rematen os ciclos de ensinanza primaria e secundaria, que debe ser gratuíta, equitativa e de calidade”.
Rosa Mª Calaf, xornalista e correspondente de TVE con dilatada experiencia en multitude de países e conflitos, defenderá a necesidade de informar sobre as traxedias humanitarias e a desigualdade como medio de loitar contra esta.
Estará acompañada por José Manuel Moreno, membro da Campaña Mundial pola Educación e profesor da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla. Moreno falará da importancia que ten a educación na loita contra a pobreza e a inxustiza social.
Hoxe, máis de 50 millóns de nenas e nenos no mundo están sen escolarizar, 103 millóns de mozos e mozas non teñen un nivel mínimo de alfabetización e máis do 60% son mulleres. É preciso priorizar o investimento en educación para lograr reverter estes datos.
Fundación Barrié cede o salón de actos da súa sede en Cantón Grande, 9 para acoller esta acción a partir das 19.00h.
Sobre a Campaña Mundial pola Educación
A Campaña Mundial pola Educación (CME) nace no ano 2000 co obxectivo de sensibilizar e mobilizar á cidadanía como portavoces e activistas do dereito á educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos co dereito á educación.
ETIQUETADO EN: EDUCACIÓN , IGUALDAD , COMUNICACIÓN , DERECHO A LA EDUCACIÓN
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-