BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Estrea da "Cantata Rosaliana"

Rosalía de Castro

Venres 23 de Xuño de 2017

19:30

Sede A Coruña


A Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa a estrea da Cantata Rosaliana, unha obra composta e dirixida por Fernando V. Arias e interpretada pola Coral Polifónica Follas Novas.

Cantata Rosaliana é unha obra coral para soprano, mezzosoprano, barítono, baixo, coro mixto e piano, inspirada na literatura e poesía de Rosalía de Castro, facendo fincapé nalgúns dos temas que máis identifican á poeta de Padrón: a emigración, as cartas a Murguía, os seus poemas de Follas NovasCantares Gallegos e o importantísimo papel que desenvolve no movemento artístico do Rexurdimento en Galicia.

A Cantata Rosaliana de Fernando Vázquez Arias céntrase en poemas de Rosalía pero á súa vez se intercalan textos propios do compositor que describen en ocasións conceptos da vida da poeta e os seus sentimentos máis enfrontados.
A voz solista da soprano correspóndese coa personaxe de Rosalía de Castro e a do barítono co seu home, Manuel Murguía.

Esta obra está dedicada polo compositor Fernando Vázquez Arias á Coral Polifónica Follas Novas, que toma o seu nome dun dos poemarios máis significativos de Rosalía, pola súa grandísima contribución, durante case 80 anos, á música galega.

Intérpretes:

Piano: Anna Mirzoyan
Soprano: Clara Jelihovschi
Mezzosoprano: María José Ladra
Barítono: Gabriel Alonso
Baixo: Alejandro Valiñas
 

PROGRAMA

PRIMEIRA PARTE


A Raíña Lupa (Fernando V. Arias)

  Vinde á nosa festa
   Piano e coro 1º acto
 
   Aria de Lupa e Régulo
   Soprano, piano e coro 1º acto
 
   Xúpiter burlado
   Soprano, piano e coro 3º acto
 
   O que parecía vehemencia
   Piano e coro de homes 3º acto

INTERMEDIO
 
Homenaxe a: Luís Suárez García, António Gonçalves Rodríguez e Benito Gantes Arias

SEGUNDA PARTE

CANTATA ROSALIANA

   Follas Novas
   Cartas a Rosalía
   Cantares gallegos
   Coro dos emigrantes
   Calade
   Canzón de cuna para Rosalía morta
 



PRÓXIMOS EVENTOS