
Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2021
Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2021
Prazo de presentación de solicitudes desde o 11/12/2020 ata o 15/02/2021
A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 32ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos oficiais de Máster con dedicación a tempo completo.
Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que acada o milleiro de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.
GALERÍA DE IMAXES
VIDEO
Entrega credenciais Bolsas posgrao no Estranxeiro 2020
Fundación Barrié
CONTIDOS RELACIONADOS