BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Biopsia Líquida: Galicia, á vangarda da investigación oncolóxica

Martes 31 de Xaneiro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña a presentación de Biopsia líquida: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica, unha campaña de micromecenado que acaba de poñer en marcha o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) liderado polo Dr. Rafael López López, e que de ter o éxito agardado, situaría a Galicia como referente nacional e europeo na investigación oncoloxica de precisión.

A través desta campaña invítase a colaborar a todos os galegos e galegas para financiaren colaborativa e desinteresadamente un novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida. Para máis información e achegas preme aquí.

Trátase dun novo método de análise, rápido e sinxelo para analizar tumores a través dunha extracción de sangue. Esta innovadora técnica logra extraer a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real. Entre as súas principais vantaxes atópase o seu carácter non invasivo, que evita ao paciente a cirurxía ou a intervención para a análise, así como a rapidez  nos resultados, dispoñibles nun periodo de dous ou tres días.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva traballando máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.

Rafael López López

Xefe de Servizo Oncoloxía Médica do Hospital de Santiago e profesor asociado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, dirixe ademais o grupo de investigación de Oncoloxia Médica Traslacional (Oncomet) centrando a súa investigación no proceso de metástase.
Investigador Principal de máis de 150 ensaios clínicos, fundamentalmente en tumores sólidos de mama e dixestivo, e de diversos proxectos financiados en convocatorias competitivas. Participa activamente en distintas redes e grupos colaborativos de investigación. É autor de máis de 150 publicacións nacionais e internacionais e capítulos de libros e presentou numerosos relatorios en congresos nacionais e internacionais.



PRÓXIMOS EVENTOS