BUSCAR
Biopsia Líquida: Galicia, á vangarda da investigación oncolóxica
Martes 31 de Xaneiro de 2017
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
A Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña a presentación de Biopsia líquida: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica, unha campaña de micromecenado que acaba de poñer en marcha o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) liderado polo Dr. Rafael López López, e que de ter o éxito agardado, situaría a Galicia como referente nacional e europeo na investigación oncoloxica de precisión.
A través desta campaña invítase a colaborar a todos os galegos e galegas para financiaren colaborativa e desinteresadamente un novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida. Para máis información e achegas preme aquí.
Trátase dun novo método de análise, rápido e sinxelo para analizar tumores a través dunha extracción de sangue. Esta innovadora técnica logra extraer a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real. Entre as súas principais vantaxes atópase o seu carácter non invasivo, que evita ao paciente a cirurxía ou a intervención para a análise, así como a rapidez nos resultados, dispoñibles nun periodo de dous ou tres días.
A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva traballando máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.
Rafael López López
Xefe de Servizo Oncoloxía Médica do Hospital de Santiago e profesor asociado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, dirixe ademais o grupo de investigación de Oncoloxia Médica Traslacional (Oncomet) centrando a súa investigación no proceso de metástase.
Investigador Principal de máis de 150 ensaios clínicos, fundamentalmente en tumores sólidos de mama e dixestivo, e de diversos proxectos financiados en convocatorias competitivas. Participa activamente en distintas redes e grupos colaborativos de investigación. É autor de máis de 150 publicacións nacionais e internacionais e capítulos de libros e presentou numerosos relatorios en congresos nacionais e internacionais.
ETIQUETADO EN: ONCOLOXÍA , BIOPSIA LÍQUIDA , MICROMECENADO , DR. RAFAEL LÓPEZ LÓPEZ
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-